A concentración da Federación o pasado mes de maio.

“Tramitar ante a Consellería de Educación a reforma integral do CEIP Reibón, aproveitándoa para facer unha cociña de xestión directa coa capacidade de atender a todos os comedores escolares de Moaña”. Esta é a primeira frase do comunicado do PP de Moaña sobre a que explican que «ainda que o puidera parecer, non forma parte da moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular para a xestión directa dos comedores escolares, é o punto 66 do programa electoral do BNG de Moaña». E o sinalan porque, aseguran, «é o mesmo BNG que votou en contra da moción presentada polo noso Grupo, e que afirma que traballar para mellorar a calidade da alimentación dos nenos e nenas é apandar”.

Os populares moañeses manifestan «poder entender que a unha agrupación política como o BNG, na que os seus concelleiros ata teñen que levar unha chuleta para prometer o cargo e non desviarse nin un milímetro do que lle ordenan facer, lles extrañe que a nós non nos cause ningún problema recoñecer que a calidade do catering dos colexios sí tivo picos malos e outras veces pésimos durante o curso pasado, temos claro que o máis importante, o único importante realmente, son os nosos nenos e nenas e a súa alimentación·. «Neste tema os cálculos políticos sobran e o que hai é que traballar para melloralo entre todos, a nosa connivencia é coas crianzas de Moaña, lamentablemente o BNG xa leva tempo en modo preelectoral pensando únicamente nas eleccións autonómicas», acusan.

Neste punto lembran que «na concentración feita a finais de maio, organizada pola Federación de Anpas a escasos días das eleccións municipais, nós estivemos alí apoiando unha reivindicación xusta, e dende logo non aproveitamos a ocasión para coller o micro e dar un mitin como fixeron no BNG, nos estivemos para pedir algo xusto».

«Dixo a Sra. Chapela que de ningún xeito van a aprobar a xestión directa dos comedores tal como propoñemos na nosa moción, que iso é “apandar” cunha competencia exclusiva da Xunta, que presentamos a moción de espaldas a dirección dos colexios de Tirán e Reibón, que non están para gastar cartos en cociñas, que non contamos co colectivo educativo e que o Concello non ten capacidade económica nin de persoal para facelo, todo desculpas», consideran dende o grupo municpal popular.

En canto á reunión mantida coa Xunta este verán, o PP aclara: «para a Sra. Chapela, xestionar unha reunión en Santiago, onde estiveron compoñentes do noso grupo, a Secretaria da Federación de Anpas, outro compoñente dunha Anpa, un técnico da Consellería e o Secretario Xeral de Educación, resulta que é dar a espalda. Pois nesa reunión os representantes das Anpas lle fixeron saber con total claridade todo o acontecido o ano pasado co catering e as medidas que se debían de tomar para que non pase o mesmo mentres esté vixente este servizo, e se trataron de resolver as dudas expostas».

Sobre a cuestión defendida polo BNG de que non hai cartos no Concello para que se puidera implementar unha cociña en Tirán os populares «dan ideas»: Varadero: 14000 € – Festival Jazz: 15000 € – Moaña Antiqua 10000 € – Intercéltico: 51000 €, Total: 90000 € en só catro eventos este verán.




Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *