Almuiña, con outros membros do Portos, e a Alcaldesa, cos concelleiros asistentes á reunión.

Dende o goberno local solicitaron colaboración para arranxar os viales de acceso as praias do Cocho e a Borna, ademáis da cesión directa das pistas deportivas de Domaio

Primeira reunión institucional entre o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos. Un encontro que transcorreu nun ton de cordialidade e no que ambos os mandatarios trataron diferentes asuntos que incumben a ambas as administracións e entre os que se atopa a Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP).

Segundo informo Vázquez Almuíña a Santos, o documento está a ser revisado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e, neste sentido, trasladou á rexedora que a institución que preside está aberta a posibles cambios na súa formulación. Con todo, o presidente portuario destacou que a DEUP actual prevé desafectar preto dun 60% de superficies na zona de servizo terrestre do Porto de Vigo, o que supoñería un total de 241.500 m2.

Desafección na praia de Mouro, depuradora do Larón e na praia de Meira

Concretamente, o documento expón a posibilidade de desafectar varios tramos de costa: un na zona de Domaio debaixo da ponte, desde o límite do termo municipal con Vilaboa, ata a ponte de Rande; outros dous tramos máis na zona de Domaio, desde a praia de Mouro ata o peirao de Domaio, separados pola pequena península que se forma como acceso ás instalacións náuticas; a estación depuradora de augas residuais na zona de Latón; e na zona de Meira, ao Norte da praia do Cocho e o antigo embarcadoiro de pedra ata a praia de Meira.

Segundo precisou o máximo responsable portuario, o Porto de Vigo ten actualmente 405.000 m2 de superficie en zona de servizo terrestre, que se vería reducida en case un 60% tras a desafectación dun total de 241.500 m2. de aprobarse finalmente esta proposta de cesión aos veciños de Moaña, a Autoridade Portuaria de Vigo mantería unicamente 163.500 m2 no municipio.

Demandas do Concello

Por parte do Concello, os representantes do goberno local presentes na reunión agradeceron a visita de Almuiña a Moaña antes da publicación do DEUP, pero trasladaron tamén a «preocupación» do Concello polo estado dos viais de acceso ás praias do Cocho e da Borna, que sofren un deterioro bastante importante polo tránsito de camións que acceden aos asteleiros da zona. Neste sentido, e segundo informou a alcaldesa, Leticia Santos, tras finalizar o encontro, acordouse estudar formas de colaboración entre ambas as administracións para liquidar estes problemas. Por parte da Autoridade Portuaria comprometéronse a arranxar aqueles tramos situados en terreos portuarios.

Tamén, e en cumprimento da moción aprobada en pleno respecto a a mellora da pista deportiva situada nas inmediacións do Porto de Domaio, Santos solicitou ao presidente a posibilidade de ceder esta zona directamente ao Concello en lugar da Costas para acurtar prazos e evitar, na medida do posible, dilate no tempo.

Por último, e con motivo da celebración en agosto do Encontro Embarcacións Tradicionais en Moaña, desde o Concello propuxeron a Almuiña buscar algún tipo de colaboración económica pola súa banda para financiar algunhas das actividades incluídas no evento.

Ronda de contactos

O encontro mantido na mañá de hoxe coa alcaldesa de Moaña forma parte da rolda de contactos que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo está a manter nos últimos meses cos rexedores dos municipios nos que se asenta a institución portuaria e entre os que se atopan Redondela, Cangas, Moaña e Vilaboa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *