Pleno do venres no Concello de Cangas.

Os puntos máis conflitivos chegaron coas mocións “como sempre” onde afloraron criterios diversos, pero sempre nun ton cordial

O pleno ordinario do mes de maio, un pleno que constaba de 18 puntos e a maiores os rogos e preguntas, dos que quedaronse cos 12 primeiros nos que se incluían os puntos máis relevantes e onde se atopaban as mocións dos grupos da oposición.

O pleno xa comezou cun acordo unánime nas intencións, pero non nos feitos,
debido a que o punto numero dous era a apertura dun expediente polo cal se
propón a pedimento das asociacións culturais da vila que o nome de Xosé
Manuel Pazos sexa o elixido para bautizar o auditorio de Cangas, un punto de gran consenso no que todos os grupos presentes eloxiaron o labor cultural do ex-
alcalde Pazos, ata que o PP fixo valer o seu “pero” non están de acordo de poñer nomes de persoas a este edificio nin ás rúas, optando por crear eventos co seu
nome, ao que o señor Abalo contestoulle, que cada un é libre de ter a súa opinión
pero non era unha desculpa crible, xa que David Cal conta cunha rúa no
municipio.

Outro dos puntos que se poden destacar é o apoio da corporación aprobando o
punto número catro, que afecta directamente o concelleiro de Facenda,
Mariano Abalo, xa que se pretende refinanciar o préstamo pendente a un tipo
de interese máis beneficioso para o concello e así conseguir un aforro
considerable nos intereses.

Saíu adiante o proxecto de “Pavimentación viaria Rúa Gondarán, Buralla e
gruncheiras- Coiro” cos habituais ´chascarrillos´ da oposición, que afeou ao goberno alegando que sempre estean no último minuto sacando proxectos en “extremis”. Uns proxectos que, como confirmou a alcaldesa, Victoria Portas, «moitas veces levan no último minuto, pola burocracia creada, e a fiscalización á que está sometida pola oposición», algo que non lle importa a Portas, porque o fundamental é «sacar proxectos adiante», e agradeceu á corporación a súa altura de miras neste sentido permitindo aprobalas e poder levalas así a bo fin.

Se houbo un punto conflitivo (que ao final se aprobou) este foi na aprobación
das Bases para a reactivación económica no concello de Cangas para axudar aos
afectados polo Covid-19 cunha dotación de máis de 200.000 euros. O conflito púxoo a oposición ao dicir que estas bases son precipitadas, baseándose nun informe de intervención, na que non pode informar favorable, porque segundo o técnico non tivo tempo suficiente para avalialas, ao que Portas xustifica cun traballo arduo, apoiado en organismos como Deputación de Pontevedra, e que é coñecedora de que nestes momentos os sectores aos que van destinadas estas axudas están a pasalo moi mal, como é o caso do lecer nocturno, sen poder facturar un euro, a hostalería, as axencias de viaxes etc… e por tal motivo a alcaldesa dixo, “ non estamos nun momento de tanta burocracia, algo que temos de deixarlla aos técnicos, senón no momento de exercer a política pola que os nosos veciños e veciñas obsequiáronnos co seu voto, e estou segura que non foi para discutir de se un funcionario tivo tempo ou non? de informar un
expediente, senón o de dar unha solución urxente a un problema perentorio, que
é o que estamos a facer no día de hoxe”.

As mocións

Tamén nas mocións houbo momentos tensos xa que neste pleno había un total
de 6 mocións, unha de Avante, tres do PP e dúas do BNG, a de Avante pasou
sen pena nin gloria, xa que o punto máis importante na súa moción era a xestión
das praias e o seu punto máis conflitivo era o conseguir socorristas para as
mesmas, e que non pasase como outros anos, algo sen sentido porque sabían
que ese servizo xa estaba licitado e contratado, precisamente para evitar ese
problema, algo que non gustou á oposición xa que esperaban o poder botencara ao goberno o seu descontrol, ata o punto en que o PP pediu explicacións
ao Secretario Municipal, e este ratificou a operación e confirmou que estaba moi
avanzada.

Aclaran dende o goberno que todas as mocións foron aprobadas e só mencionar a última moción do PP das naves de Ojea, onde houbo un pouco de discrepancia, ao solicitar o PP que se desafecten os terreos, e que se arranxen as naves que están en moi mal estado, ao que Mariano Abalo contestou o señor Sotelo que utilizaba esta moción dunha forma torticera, ao ser coñecedor de que primeiro iso dependía do Goberno Central e segundo de que non se podía investir diñeiro do consistorio en reconstruír algo que non é propiedade do mesmo.

A alcaldesa Vitoria Portas espetoulle ao señor Sotelo, que lle agradecía o seu interese, e que estaba de acordo en conseguir a desafectación das devanditas naves ao ser un ben de interese para Cangas, pero que botaba en falta o compromiso do PP de Sotelo para conseguir a desafectación do Paseo de Salgueirón no cal podía mediar ao ser coñecida a súa gran amizade co Presidente do Porto de Vigo o Señor Almuiña, da mesma forma que intermediou co Vicepresidente da Xunta de Galicia para conseguir o camión de Bombeiros, ao que rematou a alcaldesa dicindo “ por certo aínda estou a esperar a chamada telefónica do señor Rueda, se fai o favor comuníquello, xa que estou preocupada por este tema.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *