O club marinense cre que as competicións deberían ser suspendidas con efecto inmediato
O Marín Peixe Galego acóllese a un ERTE debido a situación actual. Era un dos escenarios que se contemplaban e hoxe o club notificoulle ao plantel de xogadores e corpo técnico a súa intención de executalo.
O club tamén lle notificou á Secretaría Xeral para o Deporte e á Fegaba a súa postura ao respecto das competicións das diferentes categorías, que considera que deberían ser suspendidas con efecto inmediato, ao non existir garantías de que se poidan reanudar nas próximas semanas.