Esta obra, esencial para mellorar a estancia no pavillón, que tamén renovará a súa estética, terá un custe de 725.162 euros, fi nanciados ao 50% pola Deputación de Pontevedra e o outro 50% a través da Xunta de Galicia
Conta atrás para poñer en marcha a licitación para as obras de mellora integral da efi ciencia enerxética no Pavillón do Sequelo, unha das infraestruturas deportivas máis utilizadas pola veciñanza e que precisa desta actuación para mellorar o seu uso por parte dos clubs deportivos.
Trátase dunha actuación cunha elevada inversión, de 725.162 euros, que o Goberno Local conseguiu imputar a dúas subvencións para que as arcas municipais teñan un resentimento cero da actuación, un 50% para a Xunta de Galicia e un 50% por parte da Deputación de Pontevedra.
As actuacións divídense en catro bloques:
-A mellora do illamento térmico, a través do cambio de cuberta, a renovación da fachada mediante a incorporación de SATE e panel sandwich illado e a renovación das carpintarías e vidros.
-A mellora da efi ciencia enerxética das instalacións, tanto a electricidade como a ventilación, así como da renovación de bombas de calor para ACS renovable
-Mellora da accesibilidade
-Mellora dos acabados
Trátase dunha actuación que segue a estela da xa realizada no Pavillón da Cañota e que mostra o compromiso do Goberno local por apostar pola modernización das súas instalacións deportivas.