O Punto de Atención Continuada de Cangas (PAC) que atende as urxencias deste municipio e as de Moaña quedou este domingo en dúas ocasións sen ningún médico. Así informan desde o Concello, que cualifican a situación de «moi grave».
«Non era suficiente o sucedido o sábado no PAC de Cangas que este domingo foi aínda peor», consideran desde o goberno local. O PAC quedou sen equipos sanitarios necesarios, volveu faltar un médico e á primeira hora chegaron a faltar mesmo dous.