A Corporación Municipal de Vilaboa aprobou onte cos votos favorables do goberno local un orzamento histórico para Vilaboa que alcanza os 4.226.076 euros e que recolle importantes partidas tanto para o contrato do lixo (530.000 euros) como para a limpeza e mantemento da rede de saneamento (220.000 euros) e unha aportación a ACUAES para extender a rede pública de auga desde Pontevedra ata Vilaboa. O orzamento contempla partida tamén para o estudio da mellora da eficiencia enerxética e do alumeado.
O remate da concesión coa actual empresa que presta o servizo de recollida de lixo levou ao goberno local a preparar xa o prego de condicións para sacar a concurso esta prestación que debido á inflacción da economía actual eleva o prezo das distintas unidades que deben atender as empresas que opten ao concurso.
O incremento reflexado por tanto no orzamento de 2024 polo pago do IBI de Autoestradas do Atlántico, que este aportará ás arcas municipais 413.000 euros máis, vese compensado polo gasto extraordinario que o Concello terá que asumir coa renovación do contrato do lixo.
Outra partida importante recollida no documento económico é a que corresponde ao servizo de limpeza da rede de saneamento e que ascende a 220.000 euros, xa que un correcto mantemento das tuberías contribúe a unha maior eficiencia deste servizo e, sobre todo, a evitar desbordamentos e filtracións.
A dotación dunha extensa rede de abastecemento de auga a todo o municipio é un dos retos que se prantexa o goberno local e que depende, en grande medida, da posta en marcha do ente supramunicipal liderado por ACUAES e que permitirá achegar ata Vilaboa a captación do río Lérez. Para participar neste proxecto o orzamento de Vilaboa recolle unha partida de 55.000 euros.
A modificación puntual do PXOM conta tamén cunha partida específica de 15.000 euros que facilitarán a súa tramitación para correxir erros puntuais detectados en diferentes aspectos do planeamento.
O orzamento recolle unha partida de 278.000 euros para diferentes investimentos no municipio, que se ve complementada cunha dotación de 836.841 euros provínte da modificación de crédito (remanentes de partidas do pasado exercicio) aprobada taménna sesión plenaria de onte e que elevan a 1.14.841 euros a cantidade prevista para investimentos en obras, infraestruturas e mellora de servizos durante este ano 2024.