Adiantáronse ao alcalde de Vigo, Abel Caballero. O persoal do supermercado Lidl de Galicia que máis vende está en Moaña e xa celebrou o aceso do Nadal e, ademais, fíxoo por partida dobre. Onte cumpriron dúas décadas coas portas abertas e non quixeron que unha data tan especial pasase desapercibida. Así, nun photocall ao estilo dos grandes eventos, sonou a música do Nadal pero tamén os aniversarios felices.
Para o seu encargado, Miguel Gulín, é «ilusionante» chegar aos 20 anos de vida e, ademáis, sendo o supermercado Lidl que máis vende de toda Galicia «crecendo cada ano». Faino demostrando que son «un equipazo», recoñeceu orgulloso Gulín.