A concelleira Itziar Álvarez reuníuse con Cristina Barreiro e Mara Fariña, organizadoras desta cita, que previsiblemente será o 11 e o 12 de febreiro e contará coa exposición pictórica de Julia Barreiro
A beleza e a espectacularidade da camelia volverá este ano ao Museo Torres de Marín. Despois de dous anos de pandemia, que impediron a celebración do evento Camelias e Mar no Museo, este febreiro retómase, tal e como lle trasladaron as organizadoras, Cristina Barreiro e Mara Fariña, á concelleira Itziar Álvarez.
Está previsto que o evento, que celebra a súa quinta edición, sexa o venres 11 e o sábado 12 de febreiro e tal e como explicaron as organizadoras contará tamén coa exposición pictórica de Julia Barreiro, unha acuarelista que está a preparar traballos con flores para que se poidan mimetizar co ambiente da cita.