O Museo Manuel Torres vén de celebrar o 120 aniversario do nacemento do
pintor coa compañía do alumnado de 6º de Primaria do CPR La Inmaculada, que visitaron o Museo, viron o vídeo de Manuel Torres, no que o pintor explica como comezou a súa faceta artística e deixaron voar a súa imaxinación.
Os rapaces gozaron moitisimo da única saída que fixeron este ano, e se a uns chamáronlles moito a atención os cadros de Alejandro Paisa, a outros foi a sala adicada á muller galega que tanto lle gustaba pintar a Manuel Torres.
Tamén gozaron da exposición dos rapaces do EEI O grupo, que fixeron as súas propias versións dos cadros de Manuel Torres. Estes últimos visitaron este venres a súa exposición, mostrándose moi sorprendidos de ver os seus cadros colgados nas instalacións.
Por outra banda, o Museo tamén recibiu a visita dunha excursión duns alumnos do CEIP da Pobra do Brollón, Lugo, que viñeron coñecer o espazo.