Alcalde, alcaldesas e concelleir@s ás portas do Concello de Bueu esta mañá.

Os concellos de Cangas, Moaña e Bueu pousaron xuntos en homenaxe a Miguel Ángel Blanco, secuestrado e asasinado por ETA hai hoxe 25 anos. Aproveitando un acto previo da Mancomunidade, cuxa presidencia recae agora en Bueu, o alcalde, Félix Juncal, a súa homóloga de Cangas, Victoria Portas, e a rexidora en funcións de Moaña, Marta Freire, fotografáronse hoxe ás portas do Concello de Bueu na súa memoria e na de todas as vítimas da banda terrorista. Tamén sumaronse á iniciativa, promovida pola Fegamp, a portavoz do PP de Bueu, Elena Estévez, e os edís Silvia Carballo, Odilo Barreiro e Daniel González.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *