Os bonos do programa #Moañaconsumelocal posto en marcha polo Concello para fomentar o consumo no comercio local tras a crise provocada pola pandemia por mor do peche obrigado dos negocios xa tiveron un impacto sobre a economía do municipio de 301.874,71 euros en compras realizadas nos 54 establecementos adscritos. Deles, 21 xa superaron a cantidade máxima permitida de bonificación fixada en 2.250 euros.
Neste momento hai expedidas 3.351 tarxetas virtuais e realizáronse 4.077 vendas desde que os bonos puxéronse en marcha o 11 deste mes de outubro. En total, o importe bonificado alcanza o 78 por cento dos 100.000 euros designados polo goberno local para o #Moañaconsumelocal.