Alumnos do Toural no Mercadiño de Nadal.

O goberno local convida a visitar as casetas situadas en Paredes, unha iniciativa que visibiliza o traballo feito a man por emprendedores locais

Cinco casetas e dous postos anexos completan o Mercadiño de Nadal que desde este fin de semana e ata o 7 de xaneiro estará instalado na carretera vella de Paredes para converterse nun escaparate do potencial creativo da artesanía vilaboense.

O Mercadiño, que este ano alcanza a súa terceira edición impulsado pola Concellalía de Promoción Económica, busca aportar alternativas sostibles no medio rural e concienciar sobre un necesario cambio de hábitos nos consumos.

Xoiería artesanal, esmaltes, manualidades, alimentación ecolóxica, prendas de segunda man, xabóns artesanais, adornos e complementos con impresión instantánea, repostería caseira e bebidas quentes son algunhas das opcións coas que Vilaboa se posiciona na ampla oferta de mercadiños de nadal. Están nas casetas tamén a rapazada do CPI O Toural, buscando financiar a excursión de fin de curso do alumnado de cuarto da ESO con artigos elaborados por eles e o colexio Riomaior. Detrás de cada produto hai unha historia de creación e de inspiración, a que lle imprime cada artesán participante: Laura Filgueira, Zeltia López, Pilar Blanco, Montserrat Rosendo, Carmen Castro e Carlos Acuña, que este ano aposta pola alimentación ecolóxica coa súa tenda Alcrique Eco.

Tamén Pilar Blanco, de Obradoiro Hedra, recunca no Mercadiño para ofrecer exclusividade coas súas pezas de xoiería, esmaltadas artesanalmente con técnicas tradicionais para quenes busquen diferenciarse. A camelia é de novo este ano a raíña do stand, a flor do inverno inspira a Pilar Blanco que fixo da súa paixón pola emblemática árbore das Rías Baixas un referente nas súas pezas de xoiería, con broches, pendentes, colgantes e anels, etc.

Laura Filgueira tamén repite no Mercadiño. Faino coa súa aposta emprendedora, Erre3, unha tenda de artesanía coa que lle da unha segunda vida a madeira usada, convertendoa nun adorno de Nadal, nunha taboa de cociña ou nun chaveiro. Ainda que menos innovador o stand que comparten Montserrat Rosendo e Carmen Castro, “Cachito, de seguro ten capacidade para sorprender. Artiluxios usados de todo tipo, pezas de arte en madeira, antigüidades, prendas vintage e “vellerías”, como lles gusta chamalas, buscan unha segunda vida en fogares que aprecen a beleza da calidade. E para quen simplemente queira conversar sobre o uso que antaño tiñan algunha das pezas reunidas nesta caseta terán nestas dúas veciñas de Vilaboa unhas excelentes conversadoras.

O alumnado do colexio do Toural de 4º da ESO está tamén no Mercadiño de Vilaboa. Ofertan gofres, biscoito, empanadillas, chouripán e algunha que outra sorpresa coa que queren recadar cartos para a súa viaxe a París. Frente a eles está a o alumnado do colexio de Riomaior. Comercializan artigos variados de agasallo elaborados por eles mesmos para financiar a excursión de fin de curso, no seu caso a Dublín.

O Concello cedeu a sexta caseta á asociación Carretera Vella, na que se ofrece chocolate quente recén feito por integrantes deste colectivo veciñal para sufragar os gastos derivados polo ambientación navideña nesta contorna de Paredes.

O Mercadiño estará aberto todas as tardes ata o 7 de xaneiro e en horario de mañán e tarde as fins de semana e os festivos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *