Os nacionalistas aseguran ter constancia de graves irregularidades na contratación de traballadores
«O BNG ten constancia de graves irregularidades cometidas na contratación de traballadores/as durante a celebración da Festa Corsaria celebrada esta pasada fin de semana». Ante esta acusación dos nacionalistas, o goberno local de Marín lanzou un comunicado defendendo a «transparencia» coa que se levou a cabo as celebración.
No escrito, explican: «A organización da Festa Corsaria é un traballo incansable que se leva adiante desde o Concello coa máxima transparencia, a través da contratación de empresas privadas que surten á festa de todas as necesidades de loxística, organización e posta en marcha das actividades.
Pero precisamente a grandeza da Festa Corsaria pasa tamén por ser un evento con colaboración de múltiples asociaciónsda vila e da contorna, que poden así promocionar a súaactividade e recibir na maior parte dos casos unha remuneración pola súa colaboración.
En virtude da transparencia, estas serían as asociacións que participaron da Corsaria:
ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA BATALLA DE RANDE: Colocaron un posto no Parque Eguren no que promocionaron a súa festa, ademais de prestar traxes e armas, tamén participaron no Desfile Inglés e fixeron pasarrúas durante todo o evento.
ASOCIACIÓN CULTURAL, XUVENIL E DEPORTIVA COMBRUS e ASOCIACIÓN CULTURAL VAMOS A TODO: Colaboraron a través do préstamo/alquiler de distintos elementos de atrezo e ambientación, como o Barco Inglés, o Barco Corsario, canóns, carros e outros obxectos, ademais de aportar persoal voluntario para a custodia e coidado do barco durante o desfile. Retribuíuse con 2.700 euros á primeira e 2.299 euros á segunda.
ASOCIACIÓN TROMPOS OS PÉS: Pola actuación da Batucada Maracumbé Bloco, retribuida con 1.000 euros, ao longo do día.
ASOCIACIÓN MÚSICO CULTURAL CHARANGA NOROESTE: Pola súa actuación da Charanga Noroeste, retribuida con 950 euros, por todo o día.
ASOCIACIÓN CULTURAL AXÉ BAHÍA BATUCADA: Pola súa actuación, retribuida con 1.300 euros, por todo o día.
ASOCIACIÓN AMIGOS DOS RAPACES: Colaboraron coa dinamización e decoración da zona do Lameira, retribuida con 600 euros.
A estas, súmanse outras moitas asociacións activas de Marín que participaron con postos, demostracións e decoración no evento na Alameda, Parque Eguren ou Praza 8 de Marzo.
Desde a empresa encargada da xestión e loxística do evento, ademais, adxúntase a documentación referida ás persoas que traballaron no evento e que estiveron debidamente aseguradas, que foron as que realmente desempeñaron traballos imprescindibles para a celebración da festa.
Desde o Concello, recalcamos tamén que non se contratan directamente a traballadores, senón a varias empresas que se encargan da organización da festa e sobre os que recae a contratación.
Esperamos que en caso de que algún grupo detectase irregularidades, cursen a conveniente denuncia, xa que senón están realizando acusacións graves sen unha base sólida».