O goberno local levará ao próximo pleno o proxecto de abastecemento de auga en A Rosada-Muiño de Fausto despois de obter todos os informes sectoriais favorables para acometer estes traballos, que contarán cun orzamento de 97.962,61 euros.
As obras previstas contemplan a instalación de 810 metros dunha canalización de PE-90 cun diámetro de 90 mm que cubrirá as necesidades actuais tanto de consumo como de instalación de hidrantes e futuras ampliacións, dando servizo a un grupo de vivendas situadas neste entorno que ata agora carecen do servizo de abastecemento de auga.
A actuación recolle a instalación dunha canalización de abastecemento que conecte coa rede existente e que permita a conexión das acometidas ás vivendas existentes a ambos lados do vial. O anteproxecto estivo a exposición pública durante o prazo dun mes sen recibir alegación algunha.
Esta actuación completa a extensión da rede de abastecemento en A Rosada, donde en febreiro do ano pasado se dotou deste servizo a unha trintena de vivendas, cun investimento de 117.744 euros nun trazado de 780 metros.
A alcaldesa, Victoria Portas, afirma que ambas actuacións na Rosada supoñen un pequeno paso adiante no obxectivo de levar os servizos básicos a todo o termo municipal de Cangas e recorda que este tipo de actuacións son posibles grazas á positiva xestión económica que está a realizar o actual goberno de Cangas.