O proxecto financiarase con cargo ao Plan Concellos e inclúe a recuperación dos tres camiños de acceso
O goberno local recibiu xa a notificación da Deputación de Pontevedra da aprobación do proxecto de recuperación e mellora dos accesos á Fonte de Gandón (Aldán) co que buscar reformar este entorno nun espazo amable de encontro veciñal a través dunha actuación na propia fonte e co deseño dunha ruta circular coa fonte como elemento central.
A Fonte de Gandón está situada na confluencia de tres camiños actualmente en desuso polo seu estado e que serán unha alternativa segura para os peatóns cun firme regular e estable. A fonte será, por tanto, o elemento central dun espazo de encontro veciñal, de convivencia e de descanso.
O proxecto, que ten un orzamento de 75.000 euros para actuar en 425 metros cadrados, incorpora suxestións aportadas pola veciñanza así como a dotación de servizos urbanísticos dos que agora carece.
A zona da fonte é punto de encontro de tres camiños que comunican de maneira áxil as rúas rodadas pero a súa estreitez non permite o trafico de vehículos o que fai destes recorridos un espacio tranquilo para que as persoas que camiñan despacio ou con dificultade non teñan que ir pendientes do trafico. “Trátase de construir un entorno máis humano, accesible ao peatón e de estancia para lecer”, apunta Victoria Portas, alcaldesa de Cangas.
A actuación recuperará o uso dos accesos á Fonte de Gandón dende o camiño da Devesa e o Camiño de Gandón “para facelos transitables a pe e seguros en todas as épocas do ano”, dotando os accesos e a zona da Fonte de pavimentación, alumeado e recollida das escorrentías de auga de choiva que permitan tanto camiñar como afianzar o firme, “que esta sendo lavado polas continuas erosións provocadas por escorrentía natural das augas, e raíces da maleza e arbustos que medran nos períodos estivais”, explica Portas Mariño.