Victoria Portas nunha visita a O Hío.

A alcaldesa, Victoria Portas, continua co proxecto de accesibilidade e buscando financiación provincial para Rúa Ferrol, Rúa Redondela, Rúa Gondomar

O Concello de Cangas vén de presentar tres iniciativas á convocatoria da Rede Ágora pola que a Deputación de Pontevedra financia os proxectos imprescindibles para a posterior execución dos traballos que busquen aumentar os espazos públicos para os peóns.

Os proxectos presentados son a humanización da rúa Ferrol, a accesibilidade dos
accesos ao centro de saúde e a humanización da plaza do centro de sáude (Gondomar, Redondela e Antonio Soage Jaldas) e o que buscan é dotar de plataforma única para ampliar o espazo de uso peonil e a conexión coas zonas salvando os desniveis actuais de xeito que o entorno conte con accesibilidade universal.

Segundo Portas, «avanzar con Cangas cara a unha accesibilidade universal da a posibilidade de cubrir as necesidades de toda a veciñanza e actuar en calquer tipo de situación de emerxencia sin limitación de espazo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *