A xunta de goberno de Cangas remitiu á Deputación o proxecto de abastecemento de auga na Rúa Santas para a súa inclusión nas obras a financiar con cargo ao Plan Concellos 2023. A actuación, da que se beneficiará un grupo de vivendas residencias que ata o de agora carecen deste servizo, terá un coste de 38.594 euros, dos que o Concello asumirá con fondos propios un total de 18.594 euros e a Deputación aportará 20.000 euros.
A actuación recolle a instalación da tubaxe para o abastecemento de agua nun camiño situado entre a PO-315 e a Avenida José Novas, conectando coas canalizacións xerais existentes en ambas vías. Segundo recolle a memoria do proxecto instalaranse 250 metros de tubaxe de PE PN 10 de 63 centímetros de diámetro e dúas arquetas con válvula de illamento nos puntos de conexión para proceder posteriormente á reposición do asfalto.
Victoria Portas, alcaldesa de Cangas, considera imprescindible ir extendendo a rede de servizos básicos, como saneamento e abastecemento, a todos os rueiros municipais ata completar a totalidade do territorio municipal; servizos que considera esenciais dentro do obxectivo global do coidado ambiental.
O problema de lentitude destes proxectos é os números informes sectoriais que se teñen que solicitar a outras administracións e que teñen que autorizar, pero que a medida que as autorizacións cheguen se irán licitando. No caso do Camiño das Santas as autorizacións solicitadas corresponden a AXI e Patrimonio e que xa temos no noso poder, agora so queda a resolución da Deputación e comezaremos de inmediato coa licitación- Victoria Portas