O Vial de Praias de Marín.

O Concello quere incorporar unha mellora integral da mobilidade do seu sendeiro máis atractivo no Plan de Turismo Sostible, para o que se solicitará a cofinanciación dos fondos Next Generation

As praias de Marín son unha xoia natural que desfruta toda a veciñanza de Marín,
ademais de ser o maior reclamo turístico do noso municipio. Coidalas, vertebralas
e traballar pola súa conservación é un dos obxectivos principais do Goberno local.
Por iso, o Concello está a traballar na elaboración dun proxecto de mellora do Vial
de Praias, “porque queremos crear unha senda mellor, na que conviva de verdade
e con seguridade a xente que pasea, a xente que vai en bicicleta e o tráfico. Queremos poñer en valor todo o noso litorial, un espectáculo natural que
desfrutaremos aínda máis se podemos sacar adiante este proxecto”, tal e como
explicou a alcaldesa, María Ramallo.

Este proxecto formaría parte do Plan de Turismo Sostible de Marín, que presentou
o Concello aos fondos dos Plans Turísticos de Sostibilidade en Destino (PSTD),
financiados a través dos fondos europeos Next Generation EU.

Os obxectivos deste proxecto serán a mellora integral do itinerario peonil-ciclista,
dotándoo de seguridade, conectándoo coa rede ciclable que se vén de facer no
casco urbano de Marín na Avenida de Ourense e mellorando, en xeral, todas as barreiras de accesibilidade que hai nos accesos ás praias ao longo do trazado do
vial. A actuación completaríase coa colocación de aparcadoiros para as bicicletas.

Para que o carril bici sexa seguro, no proxecto plantexarase que teña unha
anchura abondo e con dobre sentido de circulación, cunha pavimentación
resistente e antideslizante. Por outra banda, mellorarase a iluminación naqueles
puntos nos que aínda non haxa iluminación LED, a pesar de que gran parte do
viario xa foi renovado neste sentido.

O orzamento global que o Concello calcula que pode investirse no proxecto é de
máis de 1.800.000 euros, que dividirse en dúas fases, unha inicial ata Mogor, “que
probablemente é a que poderíamos executar no caso de acadar os fondos do
Plan Turístico”, e unha segunda até Aguete, para a que se seguirá buscando
financiación.

Desde o Concello, a alcaldesa recalca que, namentres se resolve a candidadura do
plan, “seguiremos traballando nos estudos previos para poder afinar este
proxecto, que queremos que sexa unha realidade nun futuro e poidamos facer do
turismo de Marín un referente de calidade, sostibilidade e mobilidade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *