O Día da Muller en Marín leva servindo nos últimos anos como unha palestra na que homenaxear a distintos colectivos de mulleres que supoñen un exemplo e unha inspiración para unha sociedade na que aínda queda moito camiño por percorrer para acadar a igualdade real e efectiva.
Precisamente, coa finalidade de preparar con tempo este día, hoxe convocouse unha reunión do Consello Municipal da Muller, no que participan representantes de todos os grupos municipais da Corporación, así como das asociacións de mulleres ou con vocalía de muller da nosa vila.
Este órgano, ademais de realizar achegas por parte das súas membros para o contido que se recollerá no manifesto municipal que se elabora cada ano para ler no acto institucional, tamén propuxo a candidatura do colectivo ao que homenaxear en 2023.
Está previsto que se lle adique este 8M ás mulleres autónomas que están ao frente de negocios propios do pequeno comercio de Marín, xa que son un exemplo de emprendemento, de traballo e de xeración de economía local, imprescindible para o progreso e a riqueza de Marín