O Partido Popular de Cangas promoveu a visita do conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, á Casa- Museo da Mangallona na que puido visitaras diferentes salas da man do seu fundador e artista local Camilo Camaño. O responsable autonómico puxo de relevo a variedade e valor artístico da colección exposta acumulada polo seu propietario ao longo das últimas décadas e que actualmente atópanse expostas ao público no recinto museístico.
Nese sentido, o responsable autonómico, acompañado polo presidente local do PP, José Enrique Sotelo, e a concelleira e candidata ao Parlamamento Galego, Loli Hermelo, eloxiou o traballo realizado por Camaño, tanto pola súa ampla obra artística como pola colección doutros autores así como pola variedade de elementos expostos que van desde pinturas ou esculturas ata fósiles. Un patrimonio de incalculable valor que resulta preciso poñer en valor.
Rodríguez trasladou a vontade do departamento que dirixe de estudar vías de colaboración permitan situar a este espazo cultural singular e de referencia no lugar que se merece pechando a súa visita asinando lo libro de visitas de esta entidade cultural..