O Salón de Plenos do Concello de Marín acolleu esta mañá o sorteo dos 4 vales turísticos por valor de 500 euros cada un, que se canxearán nas axencias de viaxes de Marín ata o 31 de decembro de 2025.
Esta é a listaxe de persoas beneficiarias:
✔️ ROCÍO DEL RÍO VEIGA: Mercou en Calzados Silvia e canxeará o bono en Viajes Deza
✔️ ROSA MARÍA GARCÍA ROSALES: Mercou en Perfumerías Muchas e canxeará o bono en Viajes Rascado
✔️ MIGUEL BARCIA CRESPO: Mercou en Mercería Loli e canxeará o bono en Viajes Corvera
✔️ IRENE PINTOS ROSALES: Mercou en Pajarería Evarise canxeará o bono en Viajes Dysa
A recollida do bono realizarase o venres ás 12.00 horas na Caseta de Turismo da Praza de España. En caso de que algunha das persoas agraciadas non poida asistir, pode mandar a alguén no seu nome presentando unha fotocopia do DNI do premiado/a e unha autorización firmada.