Alcohol, establecemento de límites e uso responsable das novas tecnoloxías serán as temáticas que se traten nestas charlas, realizadas en colaboración coa Fundación Érguete, experta en adiccións
A educación na infancia e na mocidade sempre é difícil e no mundo actual existen determinadas situacións e riscos que é preciso afrontar con ferramentas didácticas que axuden ás familias. Nese sentido, durante o curso pasado iniciáronse estas charlas coa
Fundación Menela, que congregou a un gran número de persoas na Biblioteca cunha charla centrada nos nenos e nenas con TEA, co obxectivo de coñecer cal debe ser o tratamento escolar nestes casos para poder garantir unha educación inclusiva e en igualdade.
A maiores, levouse a cabo unha intensa campaña coa Asociación Érguete, que arrancou no alumnado da ESO e de Bacharelato dos institutos e que despois se trasladou á rúa, para evitar as adiccións. Esta campaña cerrouse cunha charla específica para as familias titulada “Que deben saber as familias sobre as adiccións?”, que se desenvolveu no Museo Municipal Manuel Torres e que tivo un gran éxito.
Alcohol, límites e novas tecnoloxías: temáticas do próximo curso
A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, adiantou que o departamento municipal xa ten a programación de charlas para o próximo curso, organizadas tamén coa Fundación Érguete, e que se desenvolverán unha por cada trimestre, tocando as temáticas que máis interesaron ás persoas participantes nas anteriores edicións do programa.
En octubre, terá lugar a charla “Que debemos saber as familias sobre o alcohol?”, na que se pretenderá enseñar aos pais e nais a convivir con esta substancia de tal forma que aos seus fillos e fillas non lles perxudique, ensinándolles a tomar decisións, a protexerse, a responder ante situacións de presión e risco con determinación, personalidade e criterio.
“Establecemento de normas e límites” será a charla que se impartirá o mes de febreiro, co obxectivo de falar desas limitacións que as familias deben poñerlle aos menores para que se enfronten ao mundo con seguridade e para que poidan establecer relacións sanas de convivencia social.
Finalmente, en abril será a charla “Adolescentes tecnolóxicamente sanos/as”. Sexting, grooming, ciberbullying, apostas… son termos que forman parte do día a día dos adolescentes e das familias, valorando sempre a tecnoloxía desde unha perspectiva negativa. O importante é educar no seu bo uso e manexo