Trátase dunha formación organizada ao abeiro dunha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo. A inscrición estará aberta a partir do 17 de outubro
O Concello de Marín impulsará a realización dun curso de formación en Prevención de Riscos Laborais para persoas empregadas no mercado minorista de frescos nas prazas de abastos de Marín e Seixo.
Poderán participar aquelas persoas que sexan titulares dun posto minorista de frescos nos mercados municipais de abastos ou aquelas persoas traballadoras ao seu cargo.
O curso desenvolverase no Multiusos da Praza municipal de Marín entre os días 23 e 27 de outubro, en horario de 16 a 20 horas. Aquelas persoas interesadas poden inscribirse a partir do 17 de outubro, e ata completar o número de prazas, chamando ao 886204352 ou ben no enderezo de correo electrónico aedlmarin@concellodemarin.es
Este curso faise ao abeiro dunha subvención para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das Prazas de Abastos, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Industria e Innovación.