Visita á rúa para comprobar os desperfectos.

Desde o Goberno local, citouse a todas as partes implicadas para unha visita de obra e unha posterior reunión do Concello. A empresa comprometeuse a deixar a obra en perfecto estado.

As obras da Rúa da Ponte presentaron desperfectos na súa execución, moitos en parte polas inclemencias meteorolóxicas, que serán subsanados cando o tempo mellore e tal e como lle esixiron o Concello e a Xunta de Galicia á empresa adxudicataria.

Así se desprendeu da visita de obra e posterior reunión que tivo lugar hoxe en Marín, promovida polo Concello, e na que participaron a Xunta, como administración responsable do proxecto, e a empresa Oresa, que se encargou da execución dos traballos.

No momento en que as chuvias dean unha tregua, haberá que actuar no asfaltado do firme, nas arquetas e nos remates das xardineiras. A Xunta prestou a súa colaboración total e desde o Concello farase un seguemento intenso para que a obra quede en perfecto estado.

Á empresa daráselle un prazo prudencial para acometer todas estas reparacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *