A concelleira presentando a Ruta das Mámoas do domingo.

Marín ten un patrimonio arqueolóxico envexable e moi rico, que desde o Goberno local se traballa para poñer en valor a través do Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico de Marín, un instrumento a través do cal se creou a nova Ruta das Mámoas, que se inaugurará este domingo, 16 de xuño, tal e como adiantou a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez,

O punto de encontro será no dique do Lago Castiñeiras ás 10.00 horas e o percorrido terá unha duración de 3 horas, cunha lonxitude total de 7,5 quilómetros e dificultade baixa. Recoméndase levar sombreiro e roupa e calzado cómodo e será preciso inscribirse a través de mail alcaldia@concellodemarin.es.

Este roteiro terá como protagonista a un dos recursos arqueolóxicos máis importantes de Marín e sen dúbida o máis importante da parroquia de Santomé: as mámoas. Son tumbas neolíticas, as dos primeiros agricultores do noroeste peninsular, que se construíron e usaron entre hai 6.500 e 4.000 anos. As mámoas polas que se pasaremos e nas que se levaron a cabo actuacións de restauración son: Chan de Castiñeiras, Outeiro de Ombra, Outeiro de Ombra 5, Chan de Armada 1 e 2, Chan de Fonteseca, Lagocheiras e Chan de Xaxán.

Estará equipada con sinalización e paneis interpretativos, que tratarán distintos temas que permitirán ao visitante saber que son e como se fixeron estas tumbas, e tamén coñecer distintos aspectos da vida dos seus construtores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *