O Futsal recibe 20.000 euros, Estrela, 4.000 e o Ateneo, 6.000 euros en concepto de subvencións nominativas para axudarlles coa súa actividade ao longo de todo o ano
A cultura e o deporte son dous piares básicos do tecido social de Marín. Por iso, é imprescindible apoiar sen fisuras o traballo dos colectivos da nosa vila que traballan nestes eidos.
Nesta semana, a alcaldesa María Ramallo recibiu esta semana no Concello aos representantes da entidade cultural Ateneo Santa Cecilia, da asociación comercial Estrela de Marín e do club Marín Futsal feminino para firmar os convenios de colaboración a través dos cales o Concello aporta unha subvención nominativa para axudarlles coa súa actividade.
No caso do Futsal, a cuxa firma tamén asistiron as xogadoras do club, pendentes de arrancar coa liga, a cifra é de 20.000 euros. Estrela de Marín recibe 4.000 e o Ateneo Santa Cecilia, 6.000 euros.
“Cremos firmemente en todos os colectivos que fan de Marín un lugar dinámico e mellor e estamos ante tres entidades que son un moi bo exemplo delo, cada unha no seu ámbito”, explicou a alcaldesa, que tamén engadiu que, sumando as subvencións nominativas que se lle aportan ás ONGs, neste tipo de axudas o Concello aporta un total de 47.000 euros anuais.