O Concello de Moaña, en colaboración coa asociación Cine na Rúa, presenta unha nova edición do Cine de Verán 2026, un ciclo de oito películas que se proxectarán en diferentes espazos ao aire libre do municipio entre xuño e setembro.
O ciclo arranca o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas co filme Guardiana de Dragones (apto para maiores de 0 anos) no Aparcadoiro do C.S. Daniel Castelao, en Quintela, organizado pola A.V. A Bouza-Quintela.
O venres 3 de xullo, tamén ás 22:30 h, proxectarase La Familia Benetón (7+) no Parque de Tirán, da man da A.V. Tirán O Pegho. A seguinte cita será o venres 31 de xullo, coa película Leo & Lou (7+) na Casa de Montes da Tioura, en Paradela Alta, organizada pola A.V. Paradela-Broullón. Pechará o mes de xullo a proxección de Vaïana 2 (0+) o venres 7 de agosto ás 22:00 h no Adro da Peregrina – O Latón, coa Comisión Festas da Peregrina.
Agosto concentra catro proxeccións máis: Rondallas (12+) o mércores 12 de agosto ás 22:30 h nos Xardíns do Concello; Romería (16+) o xoves 20 de agosto, tamén ás 22:30 h e no mesmo espazo; Vaja, Pasármelo Mejor (7+) o venres 28 de agosto ás 21:30 h na Pista do CEIP Domaio, organizada pola A.C.F. Charaviscas.
O ciclo clausúrase o venres 4 de setembro ás 21:30 h co filme Mufasa: El Rey León (0+) no Adro da Capela dos Milagres de Berducedo, coa colaboración da A.V. Berducedo – O Piñeiro.
Todas as proxeccións inclúen mensaxes informativas e de sensibilización da Asociación Española Contra o Cancro. Para máis información, pódese consultar a web www.cinenarua.com.

