Estarán instalados do 8 ao 18 de xullo na Praza de España, na zona máis achegada á marquesina e ás canchas de deporte
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, mantivo nas últimas horas unha reunión cos representantes das atraccións de feira, de cara a organizar a súa colocación as datas das Festas do Carme.
Tal e como lles explicou a edil, debido á celebración da Gala Xacobeas, á que se prevé a asistencia de cerca de 15.000 persoas, é preciso reconfigurar o espazo da Praza de España. Por iso, en vez de colocarse onde sempre, as atraccións moveranse á zona máis achegada á parada do autobús e ás canchas polideportivas.
Os feirantes estiveron en todo momento dacordo con ese cambio de ubicación.
Tal e como se comentou na reunión, estarán activas para o seu uso desde o 8 de xullo ata o 18, Día do Neno.