Plano de organización del espacio.

A parcela do muelle que se utiliza actualmente como aparcadoiro público, específicamente na zona anexa á Escola Naval, tivo modificacións pola ampliación da beirarrúa e a mellora da conexión Praza de España-Paseo Alcalde Blanco.

O Concello anunciou que este luns se procederá ao pintado desas prazas entre a vía peonil e o viario portuario, para ordenar o estacionamento, que nestes momentos, debido á falta de sinalización horizontal supoña un problema, xa que se estacionaba de xeito indebido e supoñendo problemas para algúns vehículos.

En total, ordenaranse as 100 prazas existentes nesa parte da gran parcela, creando unha liña en batería ao carón da beirrarúa e outra fronte ao vial portuario, que á súa vez terá unha serie de estacionamentos en liña. A dirección dos vehículos será pola entrada habitual e a saída, polo citado viario do Porto. O resto do estacionamento seguirá igual e irase mellorando a súa disposición a medida que avance o proxecto do Centro Sociocultural.

Por outra banda, o Concello trasladou que xa se está a pechar un acordo cunha propiedade dunha parcela cercana a Ponte Zapal para que sexa cedida como un novo aparcadoiro disuasorio, que dea máis cobertura de parque móbil a toda esa zona.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *