O Goberno local de Marín segue traballando no calendario anual de desbroces, cumprindo prazos e executando os labores de mantemento para así ter un rural limpo e adecentado ao longo de todo o ano.
Tal e como adiantou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, xa se veñen de concluir os desbroces manuais na zona 2, que vai dende a Escola Naval ata Lapamán. Ao longo desta semana arrancarán os traballos na zona 3, entre Resille e o Sequelo.
A maiores, tal e como explicou o edil, “xa comezou traballar o tractor que contratamos todos os anos e que fará 76 quilómetros de estradas municipais en todas as parroquias”. A pretencioso desta labor e poñer a punto todas estas pistas para así garantir a seguridade vial.