Os traballos realizaranse entre o luns e o mércores desta semana e permitirán remodelar o firme que se atopa máis deteriorado nestes céntricos viais

O Concello de Marín impulsará unha batería de asfaltados puntuais nalgunhas das rúas máis céntricas, que presentan zonas moi deterioradas. Os traballos arrancarán este luns e durarán tres días e beneficiarán á Rúa da Ponte, á Rúa Busto de Abaixo e a Doutor Touriño.

No caso da Rúa da Ponte, reasfaltarase un tramo con ancho de 1,30 metros do lateral dereito en dirección Tiro Naval Janer-centro urbano, que presenta moitos baches. Desde o Concello recalcan que sobre Rúa da Ponte segue traballándose cos técnicos da Xunta de Galicia coa finalidade de poder adaptar as demandas dos comerciantes para o proxecto de humanización que estaba previsto, pero que non está de momento claro que estas demandas encaixen coas esixencias dos Fondos Europeos cos que se financia a actuación da administración autonómica. Para poder realizar os traballos de asfaltado, estará prohibido aparcar de forma
puntual.

No caso da Rúa Busto de Abaixo, o asfaltado beneficiará á rúa completa, e finalmente en Doutor Touriño renovarase o pavimento entre a zona adoquinada e os colectores de lixo que hai tras a entrada do Supermercado Froiz. En ambos casos, cortarase de xeito puntual o tráfico para levar adiante as pavimentacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *