O lavadoiro xa limpo de pintadas.

O Concello de Marín vén de repintar o Lavadoiro do Centro de Saúde, no que apareceron múltiples pintadas dentro e fóra, sendo este un acto de vandalismo, xa que os lavadoiros considéranse patrimonios culturais de Marín.

Trala pertinente denuncia xudicial, as persoas responsables tiveron que pagar a correspondente multa, parte da cal serviu para restaurar o lavadoiro ao seu estado orixinal.

O Concello condea estes actos, que supoñen un gasto para o erario público en moitas ocasións e que danan o espazo urbano, sendo aínda máis grave cando esta afectación se dá nun ben patrimonial.

As pintadas que tiña o lavadoiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *