Concello de Cangas.

A alcaldesa, Victoria Portas, consensuou cos veciños a mellora dunha pista na rúa Serra de Naciente para facilitar o acceso ás parcelas agrarias

O Concello de Cangas tramitou a través da Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural, Agader, unha subvención de 58.014,85 euros para dotar dunha nova capa de rodadura a rúa Serra de Nacente, na parroquia de Darbo, con cargo ao plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.

En consenso cos veciños de Darbo, o Concello concurre a esta convocatoria de subvencións cunha actuación que busca solventar os problemas de acceso, paso e seguridade detectados no vial municipal mediante obras de reforzo do firme e limpeza e perfilado de noiros e cunetas, que minimicen os efectos das acumulacións de augas que se producen cando chove. A aparición de grandes fochas de auga dificultan o acceso ás parcelas agrícolas e son a causa dos continuos afundimentos do pavimento. O proxecto presentado contempla a pavimentación de 4.208 metros cadrados nun vial cunha lonxitude de 758,25 metros.

O pavimento actual da rúa Serra de Naciente presenta un elevado grado de desgaste pola que a actuación consistirá na limpeza do mesmo con medios mecánicos; a execución da nova capa con aglomerado en quente e a sinalización de toda a pista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *