O Concello de Cangas transmitiu hoxe á cidadanía «o rexeitamento e repulsa, sen reservas, pola invasión de Ucrania a mans do exército ruso».
«Repudiamos -din- estas accións e comportamentos bélicos que se veñen cometendo sobre a poboación civil de Ucrania, que se ven inmersos nunha guerra sinsentido que está a acabar con moitas vidas inocentes».
O goberno local cangués recorda que «miles de familias con crianzas e maiores, vense forzados a emprender unha fuxida precipitada a un destino incerto, nunhas condicións extremadamente adversas». Polo que, «condenamos enerxicamente esta guerra e pedimos que se pare de inmediato a invasión militar e as accións bélicas».