O concello de Cangas, en base as liñas de actuación recollidas dentro do Plan Concellos aprobado pola Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento das necesidades municipais en infraestruturas, emprego e servizos acordou a solicitude da subvención para a contratación de 26 persoas. 26 postos para diferentes áreas. Trátase dun Auxiliar Administrativo, dous conductores/as de camión con permiso C, dous técnic@s de Protección Civil, un operario de Servizos Múltiples, dos oficiais de albanel, nove peóns agrícolas e sete peóns barredores.
Esta contratación, en caso de ser aprobada pola Deputación, realizarase po un período máximo de seis meses a xornada completa.
As persoas interesadas en participar no proceso de selección deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e que estean dispoñibles para o emprego.
Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.