Estado actual do acceso á base do 061 de Cangas na rúa Longán.

O Concello de Cangas, a través da Alcaldía, sacou adiante a licitación das obras de reforma do acceso á base do 061 de Cangas o pasado 21 de maio e o 7 de xuño levou a cabo a adxudicación mediante un contrato menor por valor de 3.236,92 euros, IVE incluído, á empresa Endenor, Mantenimiento y Servicios, que foi informada dous días despois. As obras arrincarán previsiblemente a final da semana que ven.

Con estes traballos, e tras reiteradas peticións do delegado sindical da CIG, Óscar Graña, ao Concello, liquídase un problema importante no acceso das ambulancias á súa sede que, polo seu constante uso, a rampla converteuse en dúas fochas de gran tamaño que impedían ou facían moi difícil o paso dos vehículos.

Graña xa comunicou a Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de ambulancias, este feito para poder organizar o servizo durante o tempo que dure a reforma da beirarrúa da rúa Longán. Actualmente, e segundo confirma o propio representante dos traballadores, a relación coa empresa é fluída e existe boa comunicación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *