O prazo de presentación de traballos rematará o 25 de abril. Na modalidade de adultos, o gañador ou gañadora poderá optar a un premio de 1.000 euros
A Concellería de Cultura, co gallo de dar pulo á creatividade e de fomentar o uso da lingua galega, convoca o XXI Premio de Poesía polas Letras Galegas, con modalidade para o alumnado que cursa os seus estudos de Primaria e 1o e 2o de Secundaria nos centros de ensino de Marín, e para adultos.
No caso da modalidade escolar, os traballos debe ser inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega, cunha extensión máxima de 20 versos, en Din A4, escritos por unha soa cara. O prazo de admisión de traballos xa está aberto e pechará o día 25 de abril ás 14.00 horas.
Cada centro poderá presentar como máximo tres traballos por categoría, sendo
estas as seguintes:
· 1a Categoría: Educación Primaria: 1o e 2o E. Curso
· 2a Categoría: Educación Primaria: 3o e 4o E. Curso
· 3a Categoría: Educación Primaria: 5o e 6o E. Curso
· 4a Categoría: Educación Secundaria: 1o e 2o Curso
O xurado concederá tres premios por categoría consistentes en material escolar e unha placa para o primeiro de cada categoría. Todos os traballos levarán un título e categoría á que pertencen, sen especificar o nome do/a autor/a.
A Dirección de cada centro subirá os traballos que opten ao premio á páxina web do Concello de Marín, onde se habilitará un formulario, que haberá que cumplimentasr de tal xeito que xurado sempre recibirá os traballos, preservando o Concello o anonimato dos autores.
Por outra banda, no que se refire á modalide de adultos, os traballos terán unha extensión mínima de 100 versos, non sendo requisito imprescindible que formen parte dun só poema, de temática libre.
O tipo de letra será “Times New Roman” a 12 puntos de tamaño e só se poderá presentar un único traballo, tamén con prazo de presentación atá o 25 de abril ás 14.00 horas. Cada participante subirá o traballo que opte ao premio á páxina web
do Concello de Marín.