Enterro da Xoubiña de Moaña.

Según os técnicos municipais, a celebración do Enterro é incompatible coas votacións polo que habería que celebralo outro día, ou antes ou despois do 18 de febreiro de 2024

O Concello de Moaña convoca de forma urxente a todas as comparsas do municipio ante a convocatoria de eleccións autonómicas anunciada hoxe polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para o próximo 18 de febreiro, día do Enterro da Sardiña. Segundo informouse desde o goberno local, os técnicos municipais consideran «incompatible» este evento do Entroido coa celebración da festa das urnas porque supoñería impedir o paso aos colexios electorais e está prohibido.

A reunión convocada hai apenas unhas horas, nada máis coñecer o anuncio de Rueda, será o próximo 29 de decembro no salón de plenos do Concello. O obxectivo é expoñer a situación e buscar alternativas no calendario, é dicir, datar a celebración do Enterro outro día, ou antes ou despois do 18 de febreiro.

Segundo o concelleiro de Cultura, Xosé Daniel Costas, o goberno local decidiu adiantar a reunión prevista para o 10 de xaneiro coas comparsas para ver cales poden ser as alternativas e, explica, serán as comparsas as que valoren as posibles datas. Esta sería a terceira reunión Concello-comparsas para a organización do Entroido deste 2024.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *