O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor é un dos espazos nos que se consegue facer namorar a marinenses e visitantes do noso patrimonio arqueolóxico máis importante. Por iso, o Concello vén de contratar a súa xestión, co obxectivo de que siga tengo o persoal preciso.
O obxectivo é que se sigan prestando os servizos de información e de guía turístico, como os que se aplican nas visitas guiadas que se realizan dentro do centro, como naquelas que se realizan fóra, pola contorna dos petróglifos, especialmente as nocturnas, que tanta expectación e éxito colleitan.
A empresa Anta de Moura resultou adxudicataria desta contratación, que se estenderá durante catro anos por un importe cercano aos 34.000 euros.