O Concello asegura que seguirá traballando para mellorar a calidade cara ao ano que ven, ainda que o tratamento que terá este verán será o mesmo que si a tivera
A Asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC) vén de publicar a listaxe de praias que acadaron o distintivo de Bandeira Azul, entre as que se atopan as catro de Marín que desde hai anos son merecentes deste distintivo: Portocelo, Mogor, Aguete e O Santo.
Sen embargo, desta vez, o noso areal de Loira non repetirá a Bandeira Azul, despois de acadala hai catro anos. Isto débese a que nalgunhas das analíticas quincenais que se lle realizan á agua da praia ao longo do ano, a calidade da auga foi boa pero non excelente, un parámetro esencial para ADEAC de cara a outorgar a bandeira azul.
Desde o Concello de Marín «realizamos todas as melloras posibles nos últimos anos no sistema de bombeo para conseguir que a calidade hidráulica da praia de Loira fose a mellor, pero seguen existindo algunhas conexións ilegais ao río que ao final afectan», explican dende o goberno local. «Seguirase traballando para poder evitalas e así, de cara ao vindeiro ano, poder recuperar a bandeira azul para a praia», se comprometen..
A pesar de que na praia de Loira este ano non haberá bandeira azul, o tratamento que se lle vai a dar desde o Concello á praia será o mesmo que até agora: manterase toda a limpeza, os socorristas e os accesos, todos aqueles servizos que desde o Goberno local consideran básicos para os areais.
No que respecta ao resto do litoral, seguimos conservando esa excelencia das nosas augas e levamos a cabo prácticas de sostibilidade ambiental que tamén son ben valoradas pola ADEAC, e que fan que ano tras ano revalidemos esas Bandeiras Azuis que levan tanto tempo ondeando xa en Portocelo, Mogor, Aguete e O Santo.
CIP de Mogor e os tres sendeiros azuis
Tamén revalida o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor o seu distintivo de Centro Azul, como un exemplo de espazo cultural e educativo no que se pon en valor o noso patrimonio arqueolóxico. Así foi tamén cos tres Sendeiros Azuis (o Vial de Praias e as dúas rutas de sendeirismo), distintivo que se colocou hai pouco na baixada a Portocelo, un punto no que conflúen os tres.