Alumnos do colexio de Seixo nunha clase.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo xunto coa Concelleira de Educación, Marián Sanmartín, estarán presentes o vindeiro día 17 de xuño nos actos de celebración do 50 aniversario do Colexio Público de Seixo. Tamén asistirán, segundo confirmaron ao Colexio, o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a deputada provincial, Ana Laura Iglesias.

Foron os alumnos de quinto curso de Primaria do Ceip de Seixo os encargados de realizar as invitacións e falar telefonicamente cos invitados para convencelos de que pasen a xornada festiva coa comunidade educativa deste centro polo seu cincuenta aniversario.

Os alumnos tamén cursaron invitación ao Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pendente ata o momento de confirmar asistencia.

O colexio Público de Seixo inaugurouse na primeira década dos anos setenta, concretamente no ano 1972, coa denominación de Grupo Escolar, e por alí pasaron xeracións de nenos desta parroquia de Marín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *