O Centro de Interpretación de Mogor.

O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor, un dos piares do noso turismo arqueolóxico e patrimonial, abriu esta fin de semana a tempada de verán. O horario será de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 hora.

Ademais, reactívanse as visitas guiadas, unha forma moi boa de coñecer máis sobre a historia que contan os nosos petróglifos e as trazas que nos deixaron do noso pasado como sociedade. Serán ás 12.30 e ás 20.00 horas.

En todos os casos, a entrada é gratuíta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *