O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor apura os últimos días do seu horario de verán, que rematará o próximo 13 de setembro. Até ese momento, as portas deste espazo de visita estarán abertas de martes a domingo de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas.
Ademais, haberá visitas guiadas gratuítas ás 12.30 e ás 20.00 horas.
Os petróglifos de Mogor constitúen un importante atractivo polo seu rico valor patrimonial e histórico e supoñen unha fiestra aberta ao modo de vida dos noso antergos.
Neste momento, ademais, este plan cultural pode gozarse con todas as estritas medidas
de seguridade e hixiene.