A alcaldesa, María Ramallo, acompañada doutros membros do Goberno local, realizou hoxe unha visita ao futuro Centro de Día público que se habilitará na primeira planta da antiga Casa do Mar.
A rehabilitación deste espazo está xa practicamente finalizada e está previsto que nos próximos días se proceda á recepción da obra. Tamén se iniciará en breve a licitación para a contratación do mobiliario, de tal forma que poidan presentar as súas ofertas as empresas interesadas.
Segundo avanzou a alcaldesa, está previsto que a finais de ano o centro poida estar amueblado. Tal e como aconteceu coa obra, esta dotación será financiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Marín.