Momento do traslado do cadáver.

Segundo confirma a Garda Civil, o cadáver atopado onte flotando na auga en Sanxenxo pertence a un veciño de Bueu de 50 anos que xa foi identificado. De momento estanse investigando as causas da morte. Barállase que o corpo podía levar na auga entre 24 e 48 horas.

Apareceu flotando onte avistado por unha embarcación de pasaxe ao norte da ría de Pontevedra, á altura de Cabicastro, en Sanxenxo. Foi evacuado ao porto de Portonovo polo patrulleira Río de Guadalope da Garda Civil e posteriormente o equipo de Policía Xudicial de Cambados encargouse de instruír dilixencias para proceder á súa identificación e esclarecer as circunstancias do falecemento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *