O grupo municipal do BNG de Cangas reclama ao Concello á transmisión dos mellores desexos de sorte nas distintas competicións aos deportistas
cangueses que van a participar nestes Xogos Olímpicos -Toquio 2021 -. Estes son Rodrigo Corrales Rodal, Rodrigo Germade Barrieiro, Teresa Portela Rivas e Iván Villar Martínez.
Así, insta ao goberno municipal, extensiva a toda a corporación, a unha iniciativa de posta en valor e recoñecemento a Cangas Olímpica. «Se ben polo propio calendario, con imposibilidade de realizar por esta circunstancia como por
cuestións protocolarias da pandemia e correspondentes concentracións, dun acto de despedida, a valoración de deseñar unha programación de actos co obxectivo dese nomeado recoñecemento», propoñen.
Entre os eventos que plantexan están exposicións, izado da bandeira olímpica ao carón da bandeirade Cangas, despregue de unha pancarta, actividade na praza Deportistas Olímpicos, Acendido de Aros Olímpicos, participación de ex olímpicos, animación lúdico-deportiva polas rúas, proxección de documentais olímpicos, seguimento das actuacións de deportistas de Cangas e recepción dos olímpicos.