Presentación do Ateneo o pasado mes de maio en Cangas.

Despois da exitosa presentación do pasado 18 de maio, na que contamos coa actuación do cantautor e escritor Francisco Castro, o Ateneo Areas Gordas de Cangas organiza unha nova actividade cultural aberta á
cidadanía. Nesta ocasión, terá lugar a presentación do libro ‘Reboiras: O camiño da rebeldía’ , unha obra que reconstrúe a figura de Moncho Reboiras desde unha perspectiva íntima e humana. A través dos testemuños dos seus co mpañeiros máis próximos, o libro ofrece unha mirada única sobre o Reboiras persoa, máis alá do símbolo, revelando aspectos da súa vida que só coñecían quen o trataron de preto.

O acto celebrarase este venres 13 de xuño ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Con cello de Cangas , e contará coa presenza dos autores Xurxo Martínez González e Xosé Manuel Pereiro , quen compartirán co
público as motivacións, fontes e intencións detrás desta obra imprescindible para comprender o compromiso social e político durante o franquismo.

Moncho Reboiras foi unha figura clave na loita pola liberdade e os dereitos nacionais de Galicia. Con apenas 25 anos, foi asasinado dun disparo pola policía franquista en agosto de 1975, converténdose nun símbolo da resistencia e da dignidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *