Imaxe dos participantes no acto hoxe no concello de Marín.

Por mor da choiva, o acto tivo que celebrarse no salón de plenos do Concello

O acto institucional celebrado este mediodía no Concello por mor do 8 de marzo estivo cheo de sensibilidade e reivindicación. A declaración oficial, que foi lida por Rosa Prado, da asociación Pousos da Area, incidiu na obriga necesaria de que exista corresponsabilidade nos coidados, de que estes deixen de estar cargados sobre as costas das mulleres.

A feminización destas tarefas quedou plasmada no acto cas testemuñas persoais da propia Rosa e de Lourdes Broullón, Carmen Pérez Iglesias e Carmen Pazos Guimeráns, mulleres de Marín que son ou foron coidadoras e que relataron a carga psicolóxica e o freo no desenvolvemento da vida propia que supón coidar a alguén.

Lourdes Broullón é unha activista social comprometida, compoñente do Consello da Muller e presidenta da Asociación Santa María do Campo, coidadora non profesional durante moitos anos e avoa con responsabilidades parentais, un rol moi habitual na sociedade actual.

#MulleresCoidadoras

Carmen Pérez Iglesias é voluntaria na AECC de Marín e traballadora na lonxa e praza de Pontevedra. Na súa intervención no acto polo Día da Muller explicou o duro que supón para unha coidadora recuperar a vida propia despois do falecemento da persoa á que coidou a tempo completo durante os últimos tempos.

Carmen Pazos Guimeráns foi coidadora profesional e no ámbito privado. Traballou durante moito tempo nunha empresa de coidado a domicilio e tivo que facerse cargo de familiares dependentes, ademais de coidar do seu fillo con discapacidade.


Rosa Prado Rodríguez é activista social, coidadora das tradicións e da historia cultural como identidade do noso pobo, o que lle levou a coñecer a mulleres fantásticas que lle transmitiron cancións populares como a que cantou ao final da súa intervención. Ademais, ten ao seu cargo a súa nai e ao seu pai.

María Ramallo foi a encargada de pechar un acto emotivo e reivindicativo que llenó o salón de plenos ata a bandeira.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *