Traballos de prevención.

Este convenio, impulsado pola Xunta tras os incendios de 2017, busca traballar conxuntamente na prevención e loita nas parroquias con máis risco

A porcentaxe de parcelas xestionadas nas «franxas secundarias», as máis próximas ás vivendas, das parroquias priorizadas pasou este ano 2021 a ser do 70 por cento fronte ao 50 de 2019. Este é o resultado do bo funcionamento do convenio de protección das aldeas asinado en 2018 entre a Consellería do Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga grazas aos traballos da comisión parlamentaria creada tras os incendios de 2017.

A Xunta comprobou o estado no que se atopan 180.000 parcelas situadas nas faixas secundarias destas parroquias priorizadas para, aquelas que non se encontren en condicións adecuadas, poidan ser limpadas polos titulares ou, ben, contratar este servizo á empresa Seaga por un prezo de 350 euros por hectárea limpa. En leste rastrexo a Administración Autonómica constatou o incremento do grao de concienciación na prevención de incendios forestais xa que tres de cada catro parcelas atopábanse ben xestionadas. Aínda así, 65.000 propietarios serán notificados para que procedan á súa limpeza baixo a advertencia de que se non o fan serán os concellos quen o farán para logo trasladarlle o custo correspondente a estes titulares. Neste momento, 8.000 persoas físicas ou xurídicas dos 81 concellos priorizados xa foron advertidos mentres que 31.500 están ilocalizables, polo que se lles notificará a través do DOG e BOE.

Os traballadores facendo labores de desbroce.

Tras a revisión das parroquias priorizadas, agora a Xunta procederá a facelo coas non priorizadas dos 81 concellos priorizados. Para iso contratáronse 30 capataces encargados de supervisar o estado de xestión da biomasa que se suman ás 15 que xa traballaban sobre o terreo nas parroquias priorizadas. Neste recoñecemento dáse prioridade aos concellos de Porto do Son, Guitiriz, Cualedro, Oímbra, A gudiña, Verín, Sandiás, Boborás, Arbo e Mondariz.

Xestión de biomasa

Este convenio abarca moito máis que as franxas secundarias. Inclúe a xestión da biomasa en vías de titularidade municipal cun máximo de 10 km por concello e doutras 10 de execución subsidiaria por concello e ano. Tamén contempla a posta en marcha de proxectos de mobilización de terras en franxas secundarias para recuperar parcelas ao redor de núcleos de poboación.

O tractor rozando unha das parcelas.

Por último, inclúe o reforzo de actuacións preventivas medanizadas nos concellos adheridos para actuar en áreas devasas próximas ás 1.500 hectáreas. Un traballo que tamén se realiza no marco das iniciativas veciñais e que buscan contribuír co bo estado das franxas secundarias. Un exemplo desta colaboración foi a entrega á Asociación medioamental » Axuge» de Lobios de seis motosierras, unha decena de bateumes, serras e tesoiras cortarramas.

Apoio da Xunta aos concellos

A Xunta continúa apoiando aos Concellos na prevención e defensa contra os incendios e mostra diso son os 232 plans enviados a municipios de Galicia. Deles 130 xa están aprobados e 41 contan con informe favorable da Consellería ou están pendentes da aprobación no pleno dos concellos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *